A Lingua Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Recuperación, Normativa e Contexto Sociopolítico

A Lingua Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Entre a Diglosia e a Recuperación Cultural

No primeiro terzo do século XX, o galego continúa a ser a lingua maioritaria en Galicia, mais vive nunha situación de diglosia, xa que o castelán é a lingua de prestixio e a empregada nos ámbitos formais, administrativos e urbanos. Con todo, o proceso de recuperación iniciado no Rexurdimento experimenta un importante avance, ampliándose o uso do galego a novos xéneros e espazos como a narrativa, o teatro, o ensaio, o discurso político e a correspondencia privada.

Impulso Cultural e Movementos Sociopolíticos

Este impulso débese en gran medida á acción das Irmandades da Fala, fundadas en 1916, que traballaron pola defensa, dignificación e expansión do idioma, promovendo a prensa, o teatro e a creación editorial. Xunto a elas destacou o Grupo Nós, que modernizou a narrativa e o teatro e consolidou o ensaio en galego, especialmente a través da revista Nós (1920-1936), demostrando que o idioma era válido para tratar calquera temática.

Tamén foi fundamental o labor do Seminario de Estudos Galegos, creado en 1923, que impulsou o estudo científico de Galicia e contribuíu ao desenvolvemento do ensaio. Pola súa parte, o Partido Galeguista promoveu o Estatuto de Autonomía de 1936, que recoñecía a cooficialidade do galego, aínda que non chegou a aplicarse debido ao alzamento militar.

A Cuestión Normativa e o Galego Enxebrista

No ámbito lingüístico, malia a creación da Real Academia Galega en 1906 e os intentos de fixación normativa, non se acadou unha norma estándar. Con todo, os escritores conseguiron consolidar un galego culto supradialectal, coñecido como galego enxebrista, caracterizado polo desexo de afastarse do castelán mediante o uso de arcaísmos, formas populares e préstamos do portugués. Tamén se publicaron gramáticas e dicionarios que contribuíron á dignificación e estudo da lingua.


Aproximación ao Materialismo Histórico Marxista

O seguinte bloque de notas aborda conceptos centrais da teoría marxista, en particular o materialismo histórico, aplicado á crítica do capitalismo.

Capitalismo e Alienación

Para Marx, os seres humanos están definidos pola capacidade de transformar a realidade de modo creativo: o traballo.

A alienación consiste en que o obxecto que ti fabricas xa non che pertence, xa que non ten a túa esencia. No contexto capitalista, prodúcese a alienación en varios niveis:

Tipos de Alienación

  1. Alienación económica: A persoa está alienada a dous elementos (o que produce fai que rexeites o traballo):
    • Produto: Preséntase como algo alleo, porque xa non ten a nosa esencia. Cando o rematamos, non é noso senón do propietario.
    • Proceso: A xornada laboral é repetitiva, longa… unha actividade deshumanizadora.
  2. Alienación política: O Estado está ao servizo da burguesía (clase dominante), polo que os intereses do resto do pobo están relegados a un segundo nivel.
  3. Alienación ideolóxica-relixiosa: A relixión mantennos sumisos; Marx dicía que a relixión é o opio do pobo.

A Revolución Proletaria e a Plusvalía

A revolución proletaria xorde como resposta ás condicións inhumanas de traballo (longas xornadas, malas condicións, baixos salarios). Para explicar os baixos salarios, Marx fala da plusvalía, baseada na distinción entre:

  • Valor de uso: Utilidade.
  • Valor de cambio: Prezo.

A plusvalía xera a orixe da ganancia do capitalista; é a diferenza entre o valor de uso e o valor de cambio. Os obreiros xeran un valor de uso alto e reciben un valor de cambio baixo.

Isto produce unha crise de sobreprodución, porque hai máis produtos dos que se venden. Como solución, bállase o prezo, o que implica baixar o salario dos traballadores, converténdose nun círculo vicioso.

O Fin do Capitalismo e o Comunismo

Marx considera que, debido a este círculo vicioso, o sistema capitalista está condenado ao fracaso. Para acelerar o cambio de modo de produción, emprégase a violencia para lograr a ditadura do proletariado (transitoria), xa que a violencia non é a solución definitiva.

No comunismo:

  • Desaparecen as clases sociais.
  • Os medios de produción son comúns a todos (xa non hai donos).
  • Desaparece a propiedade privada.
  • Non haberá alienación, xa que non hai clases (nin loita de clases).

Este é o definitivo modo de produción, segundo Marx. O Estado desaparece, e a sociedade poderá xestionarse a si mesma de forma libre e autónoma.