España en el Siglo XIX: De la Crisis del Antiguo Régimen a la Restauración y los Nacionalismos

La Crisis del Antiguo Régimen: Reinado de Carlos IV (1788–1808)

El reinado de Carlos IV comenzó en un contexto de gran inestabilidad provocado por el estallido de la Revolución Francesa en 1789. España se vio sacudida por una profunda crisis económica, política y social, agravada por la influencia del valido Manuel Godoy y la subordinación del país a los intereses de la Francia napoleónica.

Esta subordinación culminó con un conflicto interno entre el rey, su hijo Fernando VII y Godoy, que terminaría con las abdicaciones de Bayona y la intervención directa de Napoleón en los asuntos internos españoles.

Impacto de la Revolución Francesa y Política Interior

El temor a la expansión de las ideas revolucionarias francesas provocó el fin de las políticas ilustradas iniciadas por Carlos III. Se instauró una censura estricta para impedir la difusión de ideas reformistas.

Política Exterior y Crisis Económica

En política exterior, España osciló entre la alianza con Inglaterra y la hostilidad hacia Francia, aunque finalmente acabaría alineándose con Napoleón, especialmente tras la ejecución del rey Luis XVI en 1793 y la posterior Guerra de la Convención, que resultó desfavorable para España.

Las guerras con Gran Bretaña desde 1796 paralizaron el comercio con América, afectaron gravemente los ingresos del Estado y provocaron una crisis fiscal. Para paliarla, Godoy emprendió una desamortización limitada de bienes eclesiásticos, que apenas resolvió la situación y solo benefició a grandes propietarios.

Malestar Social y Oposición a Godoy

La mala gestión gubernamental, junto con las hambrunas y la inflación, provocaron malestar social y frecuentes motines por subsistencia. Godoy, nombrado primer ministro por Carlos IV, atrajo una fuerte oposición:

  • La nobleza, marginada políticamente.
  • El clero, afectado por la desamortización.
  • Los sectores populares empobrecidos.

Surgió además el “partido fernandino”, que apoyaba al príncipe Fernando y se oponía al poder de Godoy.

Subordinación a Francia y Caída de la Monarquía

La política exterior del valido consistió en una sumisión creciente a Francia. España firmó el Tratado de San Ildefonso, colaboró con Napoleón y sufrió la grave derrota naval de Trafalgar en 1805, que redujo su capacidad marítima.

Posteriormente, el Tratado de Fontainebleau permitió a las tropas francesas atravesar España para invadir Portugal, en un plan que incluía recompensar a Godoy con una parte del territorio luso. Sin embargo, Napoleón no respetó los acuerdos y comenzó a intervenir en los asuntos internos de España, con la intención de convertirla en un reino satélite bajo el control de su familia.

Aprovechó la división entre Carlos IV y su hijo para organizar un relevo forzado en el trono. En 1807 se produjo la Conjura de El Escorial, un intento del partido fernandino de apartar a Godoy y preparar el ascenso de Fernando VII. Luego, el Motín de Aranjuez de 1808 culminó con la caída de Godoy y la abdicación de Carlos IV en favor de su hijo.

Poco después, Napoleón convocó a ambos a Bayona, donde logró que ambos renunciaran a sus derechos al trono. Nombró a su hermano José Bonaparte rey de España, lo que desencadenó una revuelta generalizada. El levantamiento del 2 de mayo de 1808 en Madrid marcó el inicio de la Guerra de la Independencia. Ante la ausencia de la monarquía legítima, surgieron Juntas locales que asumieron la soberanía y coordinaron la resistencia contra la ocupación francesa.

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Tras o Motín de Aranxuez, promovido polo partido fernandino, o cal causou a destitución e encarceramento de Godoy e as abdicacións de Baiona, Napoleón concédelle o reino ó seu irmán Xosé I Bonaparte. A situación tras a liberación de Godoy por Napoleón, a presenza militar francesa e o traslado da familia real a Baiona provocarán o alzamento popular en Madrid o 2 de maio e o inicio da Guerra de Independencia.

Creación das Xuntas Supremas

Debido á sublevación, créanse as Xuntas Supremas, órgano que vai exercer dous poderes (executivo e lexislativo) nun período excepcional. Nestas Xuntas hai 2 grupos:

  • Os defensores do Antigo Réxime (absolutistas).
  • Os liberais, que defenden, entre outros, a soberanía nacional, a separación de poderes ou a igualdade ante a lei.

Convocatoria das Cortes de Cádiz

En 1808, as Xuntas crearon como máxima autoridade a Xunta Suprema Central, a cal se autodisólvese en 1810 e traspasa os seus poderes a unha rexencia de cinco membros; pero, antes de autodisolverse, convocou a reunión de representantes da nación nunhas Cortes extraordinarias en Cádiz. Esta convocatoria foi ben recibida tanto polos absolutistas como polos liberais, pois ven a oportunidade do inicio da soberanía nacional e a elaboración dunha Constitución escrita.

Eleccións e funcionamento das Cortes

En xaneiro de 1810 aprobáronse as normas electorais, que contemplaban o sufraxio universal masculino indirecto. En setembro de 1810, convocadas polo Consello de Rexencia, reúnense na Illa de León, trasladándose en 1811 as Cortes a Cádiz, cidade que permanecerá sitiada, nunha España ocupada case totalmente polas tropas francesas.

Composición e ideoloxías dos deputados

Ante a imposibilidade de que os representantes das provincias accedesen a Cádiz, foi necesario nomear representantes suplentes (veciños de Cádiz, maioritariamente liberais), que van supoñer case a metade dos deputados. O número de deputados participantes nas Cortes foi variando; a maioría pertencían ás clases medias urbanas instruídas. Tamén había representantes de América. Dividíronse principalmente en 3 grupos: absolutistas, liberais e americanistas; e en 3 tendencias:

  • Liberais: partidarios de derrubar o Antigo Réxime e implantar un sistema liberal.
  • Absolutistas: defensores do Antigo Réxime.
  • Jovellanistas: seguidores de Jovellanos e dun pensamento intermedio.

A Constitución de Cádiz de 1812 (“A Pepa”)

As Cortes de Cádiz tratarán de rematar co Antigo Réxime e terán como principal labor a elaboración e promulgación da primeira Constitución española liberal, a Constitución de Cádiz de 1812, popularmente coñecida como “A Pepa”, por aprobarse o día de San Xosé, o 19 de marzo.

O seu Título I é o da “Nación Española e dos Españois”. Co obxectivo de dar unidade ás diversas terras e xentes baixo a mesma monarquía, establece a igualdade entre cidadáns da península e colonias americanas. A súa prioridade é a definición da Nación (“reunión de todos os españois de ambos hemisferios”), a soberanía nacional e o deber da nación de protexer os dereitos.

Principios liberais da Constitución

De ideoloxía liberal progresista, nela recóllense os principios do Liberalismo:

  • Soberanía nacional.
  • Monarquía Constitucional.
  • Dereitos e liberdades.
  • Igualdade dos cidadáns ante a lei.
  • Separación de poderes:
    • O poder executivo reside no Rei, que exerce a través dos seus ministros responsables ante as Cortes. A soberanía é da nación. A Constitución limita o poder real: sen consentimento das Cortes, o Rei non pode ausentarse, ceder ou allear a coroa ou parte do territorio, establecer alianzas nin tratados de comercio, impoñer contribucións, expropiar bens nacionais, nin sequera casar.
    • O Poder Lexislativo reside nas Cortes co Rei. O Rei pode vetar unha lei dúas veces, pero á terceira vez que sexa presentada, a lei é aprobada.
    • O poder Xudicial reside nos Tribunais.

Sistema electoral e relixión oficial

Impón o sufraxio universal indirecto en 3 niveis (parroquia, partido xudicial e provincia). Só se recoñece como cidadáns aos homes libres. Tamén destacan:

  • A confesionalidade do Estado: a relixión católica como única e verdadeira.
  • A creación da Milicia Nacional.
  • O centralismo político.

Oposición e final da experiencia liberal

A Constitución de 1812 e o labor das Cortes de Cádiz atopáronse coa oposición dos estamentos privilexiados e a falta de apoio do pobo. A oposición dos absolutistas incrementarase tras a supresión do Tribunal da Inquisición e despois do traslado das Cortes de Cádiz a Madrid. O pobo, influído polo clero, considera que as Cortes atentaban contra a relixión e a tradición.

Retorno de Fernando VII e derrogación da Constitución

A retirada dos franceses da Península e a sinatura do Tratado de Valençay entre Napoleón e Fernando VII significarán o recoñecemento de Fernando VII como Rei de España. Finalmente, coa derrota de Napoleón e o retorno de Fernando VII —considerado por moitos historiadores como o rei máis nefasto da historia de España—, a primeira experiencia liberal rematará co decreto do 4 de maio de 1814, que restablece o absolutismo.

A Constitución de 1812 só estará vixente en tres curtos períodos gobernados polos liberais:

  • 1812–1814
  • 1820–1823 (Trienio Liberal)
  • 1836–1837

O Reinado de Fernando VII (1814-1833)

Regreso e volta ao absolutismo

O regreso a España de Fernando VII significará a volta ó Absolutismo, o remate da obra das Cortes de Cádiz e a abolición da Constitución de 1812. Esta volta vén acompañada do predominio da Santa Alianza (Austria, Prusia, Rusia e Francia), defensora da Restauración do Antiguo Régimen en Europa. Factores como o apoio dos estamentos privilexiados, o rexeitamento do liberalismo por parte do exército e do pobo, e o compromiso da Santa Alianza de impedir gobernos liberais, facilitan a restauración absolutista.

Tratado de Valençay e o “Manifiesto de los Persas”

En decembro de 1813, Napoleón e Fernando firman o Tratado de Valençay, que contemplaba a neutralidade española e unha amnistía para os afrancesados, aínda que sen efecto práctico. O 24 de marzo de 1814, Fernando VII regresa e decide non acatar a Constitución. En Valencia recibe o “Manifiesto de los Persas”, unha petición asinada por deputados absolutistas para restaurar o absolutismo. O 4 de maio decreta a nulidade da Constitución de 1812 e encarcela a todos os liberais.

O Sexenio Absolutista (1814–1820)

Tras o decreto de maio, Fernando VII reinstaura o absolutismo, sen lograr resolver os problemas do país nin evitar a independencia das colonias americanas. Comezan pronunciamientos militares liberais que fracasan, como o de Porlier en A Coruña (1815).

Pronunciamiento de Riego e inicio do Trienio Liberal (1820)

O 1 de xaneiro de 1820, o comandante Riego proclama a Constitución de 1812 en Cabezas de San Juan (Sevilla), co apoio do exército destinado a América. A revolta esténdese por cidades principais. Fernando VII vese obrigado a aceptar a Constitución, iniciando o Trienio Liberal.

O Trienio Constitucional (1820–1823)

Durante esta etapa:

  • Restablécense os decretos das Cortes de Cádiz e as liberdades económicas.
  • Suprímese a Inquisición e a Compañía de Jesús.
  • Divídense os liberais en:
    • Moderados: partidarios dunha nova constitución con máis poderes para o rei.
    • Exaltados: defensores radicais da Constitución de 1812.

A oposición absolutista crece. En 1822, a Santa Alianza decide intervir e os “Cien Mil Hijos de San Luis”, un exército francés baixo o mando do Duque de Angulema, invaden España. As Cortes trasládanse a Cádiz, proclaman unha Rexencia e declaran a alienación do rei. Finalmente, o 1 de outubro, asedian Cádiz e liberan a Fernando VII.

A Década Ominosa (1823–1833)

Fernando VII regresa ó trono e decreta no Manifiesto del Puerto de Santa María a abolición de todas as leis creadas durante o Trienio. Entre os absolutistas xorden dúas correntes:

  • Reformistas: que propoñen cambios administrativos sen éxito.
  • Apostólicos (ou ultrarrealistas): defensores do absolutismo máis radical, que se agruparán en torno ao irmán do rei, Carlos María Isidro.

A sucesión e a guerra carlista

En 1830, a Pragmática Sanción permite que a súa filla Isabel poida herdar o trono, derrogando a Ley Sálica (que impedía reinar ás mulleres). Isto provoca o enfrontamento con Carlos María Isidro, irmán do rei e ata entón herdeiro, e a posterior Primeira Guerra Carlista tras a morte de Fernando VII en 1833.

Conclusión do Reinado

Fernando VII é considerado por moitos historiadores como o rei máis nefasto da Historia de España. Rodeado de ministros incapaces, non puido evitar a independencia da maioría das colonias americanas nin resolver os problemas internos. O seu reinado destacou pola represión, a volta ó absolutismo e a exclusión de todo signo de liberalismo.

A Revolución Gloriosa e o Sexenio Democrático (1868-1874)

Contexto político e económico previo

O Sexenio Democrático (1868-74), iniciado coa Revolución Gloriosa, supuxo o triunfo do liberalismo democrático en España. A raíña Isabel II chamaba a gobernar case exclusivamente aos moderados, excluíndo aos progresistas, que recorren a pronunciamientos. A difusión das ideas progresistas e democráticas incrementa a oposición á monarquía entre intelectuais e universitarios.

A crise financeira e industrial de 1866 en Europa, unida á política proteccionista do goberno, á suba de impostos e ás malas colleitas, provoca un profundo malestar social.

Oposición e perda de apoios da Monarquía

Desde 1866, O’Donnell (líder da Unión Liberal) intenta gobernar por decreto, á marxe das Cortes. O levantamento dos sargentos de artillería no cuartel de San Gil en Madrid en 1866 provoca unha dura represión. O’Donnell perde apoios e Isabel II queda sen o seu principal respaldo militar tras a morte de Narváez (líder moderado) en 1868.

Alianzas políticas e preparación revolucionaria

En 1866, os progresistas liderados por Prim e os demócratas asinan o Pacto de Ostende para derrocar a Isabel II. En 1867, tras a morte de O’Donnell, únese a Unión Liberal no Pacto de Bruxelas, acordando que unhas Cortes elixidas por sufragio universal decidirán o novo sistema político (monarquía ou república).

A Revolución Gloriosa (Setembro de 1868)

O 18 de setembro de 1868, a escuadra do almirante Topete rebélase en Cádiz co manifesto “España con honra”. Participan os xenerais Prim (progresista), Serrano (unionista) e o propio Topete. Tras a vitoria das forzas revolucionarias na batalla de Alcolea, Isabel II marcha ó exilio en Francia e fórmanse Juntas revolucionarias por todo o país.

Goberno Provisional: primeiras medidas

Creouse un programa revolucionario co ideario democrático. Ata o 21 de setembro de 1868 conviviron dous poderes: as Juntas democráticas e o Gobierno Provisional (formado por progresistas e unionistas, presidido por Serrano). As Juntas tomaron medidas radicais como: formación de milicias (Voluntarios de la Libertad), ocupación de terras, peche de igrexas. O Goberno Provisional acabou con estas medidas pero aprobou:

  • Liberdade relixiosa.
  • Expulsión dos xesuítas.
  • Legalización do matrimonio civil.
  • Promoción da desamortización eclesiástica.
  • Fomento da educación.
  • Elección democrática de alcaldes.
  • Decretos de liberdade: asociación, imprenta e sufragio universal masculino (para maiores de 25 anos), redactado por Sagasta.

Constitución de 1869

Foi a primeira Constitución democrática de España e a máis avanzada do século XIX. Recoñece:

  • Soberanía nacional.
  • Sufragio universal masculino.
  • Monarquía parlamentaria (o rei reina pero non goberna).
  • Amplos dereitos individuais: reunión, asociación, traballo, inviolabilidade do domicilio, liberdade de expresión.
  • Liberdade relixiosa (aínda que o Estado mantén o culto e clero católico).
  • Separación de poderes: executivo no Consello de Ministros (o rei nomea ao presidente), lexislativo en Cortes bicamerais (Congreso e Senado electivos), xudicial independente, con xuízos por xurado para delitos políticos.

Outros logros do período: elección democrática de concellos e deputacións, abolición da escravitude en Porto Rico (non en Cuba aínda), reforma do Código Penal, promoción da educación da muller e intentos de mellora das condicións laborais.

Conclusión: crise e final do Sexenio

Prim, figura clave do movemento, promove unha monarquía parlamentaria. Trala aprobación da Constitución de 1869 iníciase a Rexencia de Serrano mentres se busca un rei. Prim apadriña a chegada de Amadeo de Saboya, primeiro rei elixido democraticamente polas Cortes. Pero tralo asasinato de Prim (o seu principal valedor) e o inicio da Terceira Guerra Carlista e a Guerra de Cuba, Amadeo queda sen apoios. A crise política, social e militar levará á abdicación de Amadeo en febreiro de 1873 e á proclamación da I República.

A I República Española (1873-1874)

Caída da monarquía e proclamación da República

A chegada de Amadeo de Saboya coincide co asasinato do seu principal valedor, o xeneral Prim. A súa monarquía fracasa por falta de apoios, a oposición da nobreza, a Igrexa, a burguesía financeira, as guerras carlista e cubana, e a oposición republicana e obreira. A disolución do corpo de artillería por un conflito co goberno provoca a súa renuncia en febreiro de 1873, iniciándose así a primeira república democrática e federal en España.

Inestabilidade política e división republicana

A República nace da acción da Asamblea Nacional (unión de Congreso e Senado), dominada por partidos maioritariamente monárquicos. En só 11 meses sucedéronse 4 presidentes do Poder Executivo. As guerras (carlista e cubana) e as divisións internas entre republicanos agravaron a situación. Existían principalmente tres correntes dentro do republicanismo federal:

  • Unitarios: partidarios dun Estado centralizado (aínda que republicano).
  • Federalistas intransixentes (ou cantonalistas): querían unha estrutura federal construída desde abaixo, proclamando cantóns independentes sen esperar ao goberno central.
  • Federalistas gradualistas (ou centristas): como Pi y Margall, partidarios dunha federación pactada e organizada desde o poder central de forma moderada.

Presidencia de Figueras (Febreiro – Xuño 1873)

Estanislao Figueras foi o primeiro presidente, de carácter federalista pero pragmático. Os federais aceptaron unha república unitaria de forma temporal. Houbo levantamentos sociais e intentos de golpes de Estado. Figueras convoca Cortes Constituintes (elixidas por sufraxio universal masculino), que proclaman a República Federal o 1 de xuño de 1873. Figueras dimite pouco despois e é substituído por Pi y Margall.

Presidencia de Pi y Margall e o proxecto de Constitución Federal (Xuño – Xullo 1873)

A súa presidencia durou só 5 semanas, nas que se iniciou o proxecto de Constitución Republicana Federal de 1873, redactado principalmente por Emilio Castelar. Inspirado na Constitución dos EE. UU., propoñía:

  • Unha federación de 17 estados (incluíndo Cuba e Porto Rico), cada un con ampla autonomía (Constitución propia, poderes lexislativo, executivo e xudicial).
  • Soberanía popular e sistema republicano federal.
  • Separación total Igrexa-Estado.
  • Amplos dereitos e liberdades: asociación, liberdade relixiosa, etc.
  • Xustiza municipal e elección popular de xuíces.
  • O poder lexislativo federal recaía nas Cortes (Congreso e Senado), o xudicial nos tribunais federais e o executivo no presidente da República, elixido cada 4 anos por sufraxio indirecto.

Este proxecto nunca chegou a aprobarse.

O Cantonalismo (Xullo 1873 – Xaneiro 1874)

O 1 de xullo, unha minoría de deputados intransixentes retírase das Cortes e impulsa a proclamación de cantóns independentes en diversas cidades (Cartagena, Sevilla, Valencia, Málaga, etc.). As revoltas cantonalistas atacaban o poder central, o exército e a Igrexa. Tiñan tamén compoñentes sociais (reivindicacións obreiras) e federalistas radicais, pero sen unha coordinación clara. Pi y Margall dimite ao negarse a usar a forza militar contra os cantonalistas.

Os cantóns foron derrotados militarmente entre xullo e setembro, salvo o de Cartagena, que resistiu ata xaneiro de 1874, sendo a experiencia máis duradeira e organizada.

Presidencias de Salmerón e Castelar (Xullo 1873 – Xaneiro 1874)

Nicolás Salmerón substitúe a Pi y Margall e inicia a represión militar do cantonalismo, pero dimite por negarse a asinar penas de morte contra líderes cantonalistas. Sucédelle Emilio Castelar, un republicano unitario máis conservador. Castelar obtén poderes extraordinarios das Cortes, impón orde gobernando por decreto, disolve os voluntarios republicanos (milicias) e suspende garantías constitucionais para acabar co cantonalismo e a guerra carlista. As Cortes non se reuniron ata xaneiro de 1874.

Golpe de Pavía e caída da República Federal (Xaneiro 1874)

O 3 de xaneiro de 1874, cando as Cortes ían votar a destitución de Castelar, o xeneral Manuel Pavía, Capitán Xeneral de Madrid, entra co exército no hemiciclo das Cortes e disolve a Asemblea, poñendo fin á República Federal.

Directorio de Serrano e a República presidencialista (Xaneiro – Decembro 1874)

Tras o golpe, o xeneral Serrano asume o poder, establecendo unha república presidencialista de carácter conservador e autoritario. A crise económica, a continuación das guerras carlista e cubana, e a crecente influencia dos partidarios da restauración borbónica liderados por Cánovas del Castillo debilitan o réxime.

Fin da República e Restauración borbónica

Tras a publicación do Manifiesto de Sandhurst (decembro de 1874), asinado polo príncipe Alfonso (fillo de Isabel II), onde prometía unha monarquía constitucional, o xeneral Martínez Campos realiza un pronunciamento militar en Sagunto o 29 de decembro de 1874, proclamando a Alfonso XII como rei. Este pronunciamento marca o fin da I República e o inicio da Restauración dos Borbóns.

A Restauración Borbónica e a Constitución de 1876

Tras o fracaso do Sexenio Democrático (1868-1874) e o crecente temor á expansión do republicanismo federal e do socialismo (influenciado pola Comuna de París de 1871), consolídase a idea de que só unha restauración monárquica borbónica pode garantir a orde e a estabilidade. Antonio Cánovas del Castillo, principal ideólogo do novo réxime, prepara o terreo para o retorno do fillo de Isabel II, Alfonso XII.

En decembro de 1874 se publica o Manifiesto de Sandhurst, redactado por Cánovas e asinado por Alfonso, prometendo unha monarquía constitucional e conciliadora. Poucos días despois, o 29 de decembro, o xeneral Martínez Campos protagoniza o pronunciamiento de Sagunto, que restaura a monarquía sen apenas derramamento de sangue, poñendo fin á I República.

O Sistema Canovista

O sistema político restaurado é coñecido como o Sistema Canovista, baseado en:

  • Unha monarquía constitucional pero non democrática.
  • A soberanía compartida entre o rei e as Cortes.
  • Unha alternancia pactada de poder entre os dous grandes partidos dinásticos: o Partido Conservador (liderado por Cánovas) e o Partido Liberal (liderado por Práxedes Mateo Sagasta).

Esta alternancia se xestionaba mediante o turno pacífico, apoiado nun fraude electoral sistemático e o caciquismo, que aseguraba maiorías parlamentarias ao partido chamado a gobernar polo rei.

A Constitución de 1876

En 1876 se promulga unha nova Constitución, a máis duradeira da historia contemporánea española (vixente ata 1923). De carácter doutrinario e conservador, establece:

  • Unha monarquía parlamentaria onde o rei conserva amplos poderes.
  • A confesionalidade católica do Estado, aínda que se tolera o culto privado doutras relixións.
  • A división de poderes, aínda que desequilibrada a favor do executivo (Rei e Goberno).
  • Unha declaración de dereitos similar á de 1869, pero que podían ser suspendidos ou regulados por lei ordinaria, limitando o seu alcance.

Poderes do Estado

  • O Rei ten amplos poderes: nomea e cesa ao goberno, sanciona e promulga leis, pode vetar leis (aínda que na práctica non o usou moito), convoca, suspende ou disolve as Cortes, e dirixe as forzas armadas e a política exterior.
  • O Poder Lexislativo reside nas Cortes bicamerais: o Congreso (electivo por sufraxio) e o Senado (composto por senadores por dereito propio -grandes de España, altos cargos-, senadores vitalicios nomeados polo rei, e senadores electivos por corporacións e maiores contribuíntes).
  • O Poder Xudicial non se define claramente na Constitución como independente, aínda que se establece a unidade de códigos e foros (salvo o militar e eclesiástico).

O Sufraxio e o Caciquismo

En canto ao sufraxio, a Constitución non o especifica, deixándoo a leis posteriores. Entre 1878 e 1890 rexeu o sufraxio censitario (só votaban os homes con certo nivel de renda ou estudos). En 1890, o goberno liberal de Sagasta aprobou o sufraxio universal masculino. Non obstante, na práctica, isto non cambiou a lóxica do sistema debido ao control electoral exercido polos caciques locais.

O caciquismo aseguraba que as eleccións fosen manipuladas mediante a compra de votos, ameazas, falsificación de resultados (pucherazo) ou clientelismo, consolidando unha política ficticia e unha democracia moi restrinxida. O sistema favoreceu ás clases altas (a “España oficial”) e deixou fóra ás clases traballadoras, campesiños e á maioría da poboación (a “España real”).

Conclusión

Aínda que a Restauración proporcionou estabilidade política durante varias décadas e puxo fin ás guerras civís e pronunciamentos constantes, non resolveu os problemas estruturais de España, como a desigualdade social, o atraso económico relativo ou a cuestión rexional e nacionalista. O sistema canovista comeza como un réxime aparentemente liberal, pero profundamente oligárquico e corrupto. A crecente desconexión entre a legalidade institucional e a realidade social, xunto con acontecementos como o Desastre do 98 (perda de Cuba, Porto Rico e Filipinas), marcarán o inicio dunha profunda crise do sistema, que culminará décadas despois co seu colapso en 1923 e o golpe de Estado de Primo de Rivera.

Os Nacionalismos Periféricos na España da Restauración

Contexto xeral

No último terzo do século XIX, España experimenta o desenvolvemento de nacionalismos periféricos (principalmente o catalán, vasco e galego) fronte ao nacionalismo español centralista dominante desde o Estado liberal. Estes movementos baséanse nunha combinación de factores como:

  • A existencia de linguas e culturas propias diferenciadas.
  • O desenvolvemento económico desigual, especialmente a industrialización en Cataluña e País Vasco fronte a un centro e sur máis agrarios.
  • A reacción contra a centralización política e administrativa do Estado liberal.
  • A crise ideolóxica e política española agravada polo Desastre de 1898.

Estes nacionalismos procuran o recoñecemento das súas identidades colectivas e a consecución de dereitos políticos (autogoberno) dentro ou, nalgúns casos, fóra do Estado español.

O Catalanismo

O catalanismo ten as súas raíces culturais na Renaixença, un movemento de recuperación e prestixio da lingua e cultura catalás iniciado a mediados do século XIX. Destacan elementos identitarios como:

  • Lingua propia (catalán).
  • Costumes, tradicións e símbolos (bandeira -senyera-, himno -Els Segadors-).
  • Un pasado histórico idealizado (institucións medievais da Corona de Aragón).
  • Un desenvolvemento industrial que xeraba intereses económicos propios e unha sensación de marxinación política por parte do Estado central.

Do Rexionalismo ao Nacionalismo Catalán

O catalanismo político xorde na década de 1880, inicialmente como rexionalismo que busca o autogoberno dentro de España.

  • Corrente progresista e federalista: Liderada por Valentí Almirall, fundador do Centre Català, que reclama un goberno e Parlamento propios (presentación do Memorial de Greuges ao rei Alfonso XII en 1885).
  • Corrente conservadora: Representada pola Unió Catalanista (fundada por Enric Prat de la Riba), que aproba as Bases de Manresa (1892), un proxecto de constitución rexional que propoñía amplas competencias propias para Cataluña (en materia de moeda, exército, tribunais, ensino, etc.) dentro dun Estado español confederal.

Trala perda de Cuba e Filipinas en 1898, a burguesía industrial catalá, descontenta coa xestión do Estado, achégase ao nacionalismo. En 1901 nace a Lliga Regionalista, liderada por Prat de la Riba e Francesc Cambó, o primeiro gran partido do catalanismo conservador, que considera Cataluña unha nación e busca a autonomía dentro dunha España modernizada e federalizante. Máis tarde xurdirán tamén correntes de esquerda e independentistas (como a de Francesc Macià).

O Nacionalismo Vasco

O nacionalismo vasco, na súa formulación inicial, caracterízase por ser máis étnico, tradicionalista, católico e inicialmente independentista que o catalán. Xorde como reacción a:

  • A rápida industrialización de Biscaia e a chegada masiva de inmigrantes castelanfalantes (“maketos”), vistos como unha ameaza á identidade vasca tradicional.
  • A abolición definitiva dos foros vascos en 1876 tras a derrota carlista, que supuxo a perda dos seus antigos privilexios e autogoberno.

Sabino Arana e a Fundación do PNV

O fundador e principal ideólogo do nacionalismo vasco é Sabino Arana Goiri. Define a nación vasca (Euzkadi) en base a:

  • A raza vasca (considerada superior e ameazada pola mestizaxe).
  • A relixión católica (como elemento central da identidade).
  • A lingua vasca (euskera), aínda que o propio Arana non a dominaba inicialmente.
  • A defensa dos foros e costumes tradicionais.
  • Lema: “Jaungoikoa eta Lege Zaharra” (Deus e Lei Vella).

En 1894 funda unha sociedade secreta independentista (Euskeldun Batzokija). En 1895 crea o Partido Nacionalista Vasco (PNV). Dende 1898, Arana modera parcialmente o seu discurso, acepta a participación nas eleccións e asume unha posición máis pragmática e rexionalista, buscando a autonomía. Tras a súa temperá morte en 1903, o nacionalismo vasco divídese internamente entre unha corrente máis autonomista e outra máis independentista.

O Galeguismo

O galeguismo xorde como resposta á marxinación económica, cultural e política de Galicia dentro do Estado español, caracterizada pola emigración masiva e o atraso económico. Defende:

  • A lingua e cultura galegas.
  • A necesidade de autogoberno e o recoñecemento da identidade propia de Galicia.

Do Rexurdimento Cultural ao Rexionalismo

Ten as súas raíces no Rexurdimento, un movemento literario e cultural de recuperación do galego na segunda metade do século XIX, con autores clave como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.

O rexionalismo político galego desenvólvese dende 1880, con dúas tendencias principais:

  • Progresista e liberal: Liderada por Manuel Murguía, que considera Galicia unha nación con dereito a autogoberno.
  • Tradicionalista e católica: Representada por Alfredo Brañas, que defende unha patria dual (Galicia dentro de España) e a descentralización.

Cara ao Nacionalismo Galego

O paso cara a un nacionalismo máis definido dáse coa creación das Irmandades da Fala en 1916, que promoven o uso do galego en todos os ámbitos e reclaman autonomía integral. Destacan figuras como Antón Vilar Ponte, Vicente Risco (inicialmente líder da corrente máis culturalista e conservadora) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (líder da corrente progresista, federalista e autonomista, que terá gran influencia no século XX).

Outros Rexionalismos/Nacionalismos

Tamén xorden movementos rexionalistas ou nacionalistas noutros territorios como Valencia, Andalucía e Aragón, aínda que con menor forza política e un carácter máis cultural durante este período. O valencianismo nace como resposta ao centralismo e ás tensións co catalanismo, centrado inicialmente na defensa do idioma e a cultura propias.